Visita ao Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina. “A costa vermella e laranxa. Desde os cantís fragosos costeiros á elegancia das belas sobreiras alentejanas” 6, 7, 8, 9 de abril (O Alentejo, Portugal)”

Espreguiza a Costa Vicentina. A luz tenue da mañá pousa nos meus ollos, invade e acrescenta a miña ilusión. A cor glauca do océano xera, coma nos liques, unha chamada á calma, ao mundo primixenio e isto acóugame. Mais precisa o contraste doutra cor para que críe a harmonía.
No chan, os óxidos de ferro, as magnetitas, goethitas e hematitas xeran vermellos intensos nos grans da area da duna; laranxas para non esquecer. Que ilusión presentarme!
Ando daquela pola verea de area que me indica este escenario fausto, favorábel, excesivo, no límite impoñente dos seus cantís, e non teño medo.
No chan a vida da pequecha flor Silene agroma rosa intensa no deserto vermello extenso. Tamén a máis ruda Anagallis violeta. Serán as súas raiceiras poderosas, longas, a súa base, as que lle dán a vida adaptativa. Por acó e acolá, a desaparecida Camariña atopa acougo e fai sociedades lonxe de nós. Flores Escilas de lila amoroso e tépalos con estames sedutores agochan unha historía mitolóxica terríbel xunto de Caribdis. Senecios, Breixos das dunas,…
Mais debo levantar a ollada. As dunas vermellas e laranxas proseguen no alto cara ao interior inmenso, acolá orlado polas vellas e belas Sobreiras alentejanas que nos descobren que un outro mundo é posíbel. Do outro lado, proximos a min, os cantís en caída abrupta cara ao océano, convidan a unha parada eterna.

PREME NO PROGRAMA E NO ALOXAMENTO-RESERVA
na elegancia das pólas turxents das vellas sobrei
TARIFAS E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *