Visita ao “Parque Natural de Montesinho. O esplendor da Transmontana portuguesa” Bragança, 28 e 29 de xullo
Situado no nordeste portugués, O voluptuoso e sensual Parque Natural de Montesinho, atravesado polas Serras da Coroa e de Montesinho, con vales encaixados entre os 440m e os 1480m, e asentado sobre xistos, rochas calcarias e granitos, e climatoloxía de transición, presenta unha diversidade vexetal abrumadora.
A observación de especies botánicas escasas, así a endémica herba de namorar continental (Armeria eriophylla), a fermosa viola de pastor (Linaria aeruginea), a curiosa santolina (Santolina semidentata), a sorprendente mel de raposo ou o xasmín de montaña, enriquecen e complementan a espesura dos bosques de rebolos e os aciñeirais; reunidas nos estevais, as fermosas estevas olorosas de grandes flores; os soutos, os densos bosques atlánticos de ribeira nos vales, nos cavorcos. Turbeiras e uceiras húmidas atlánticas tamén participan da diversidade á que tamén se anotan belas mostras de patrimonio etnográfico, os fornos de cal, os momentos relevantes da historia de Galiza e Portugal en Bragança, ou as pegadas humanas visíbeis nas covas calcarias
Preme no documento PROGRAMA e no documento ALOXAMENTO E RESERVA
Máis información, logo das fotografías.
Indicacións
-A tarifa é 69€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 59€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado na Pousada de Bragança (saída o domingo), a cea do sábado na Pousada, o almorzo e o xantar volante do domingo, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
–Límite de inscrición, 33 persoas.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO . Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.