Visita ao Parque Natural da Arrábida “Entre os farallóns calcarios costeiros europeos, as Selvas de Formosinho e do Risco e os Sistemas Kársticos. A costa branca” 2, 3, 4, 5 de abril (Setúbal, Portugal)
A cor vermella do chan arxiloso, ferroso, sustentaba as borlas verdes dos lentiscos no bordo dos camiños, alí onde a olorosa esteva lila e o romeu amosaban seu vigor. Pouco máis adiante, a sabana mediterránea dos bosques de piñeiro albar dominaban a altura e cinguían a aba da serra. E subimos levemente por entre sobreiras, en paisaxes claras, que devagar ían escurecendo pois xa os erbedos, adernos e caxigos enredaban en pequenas selvas, acubillo dos seres fuxidíos. Mais xa a crista branca da serra decendía, vertixinosa,cara ao mar, alí onde asomaban a arqueoloxía e as lapas kársticas..
PREME NO PROGRAMA e ALOXAMENTO E RESERVA
A INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS





















INSCRICIÓN[
—A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade. Se non tiveres transporte, coméntao e resolveremos.

