Visita ao Parque Natural da Arrábida “Entre os farallóns calcarios costeiros europeos e as selvas de Formosinho e do Risco. A costa branca” 14, 15, 16, 17 de abril (Setúbal, Portugal)

A cor vermella do chan arxiloso, ferroso, sustentaba as borlas verdes dos lentiscos no bordo dos camiños, alí onde a olorosa esteva lila e o romeu amosaban seu benestar. Pouco máis adiante, os bosques de piñeiro manso dominaban a altura e cinguían a aba da serra. E subimos levemente por entre sobreiras, en paisaxes claras, que devagar ían escurecendo pois xa os erbedos, adernos e caxigos ensarillábanse en pequenas selvas, acubillo dos seres fuxidíos. Mais a serra preparaba outros enfeites, e así, no alto calcario, a crista branca decendía, vertixinosa, cara ao mar.

A INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *