Visita ao Parque Nacional Peneda-Gerês. “Relevos da envolvente Serra Amarela. O Gerês e o Soajo” 22 e 23 de xullo, Gerês (Portugal)

Estremando co Xurés e conformado por catro serras -Amarela, Gerês, Soajo, Peneda-, e dous planaltos -Mourela e Castro Laboreiro-, o Parque Nacional Peneda-Gerês presenta unha xeografía variada a descubrirmos. Así, relevos esgrevios e sinuosos, afloramentos graníticos impoñentes, vales vizosos, ambientes de ribeira vertebrados polos ríos Lima, Cávado ou Homem. Masas boscosas propias en Cabril, Gerês ou Ramiscal.

Mais a presenza humana é palpábel pois as matogueiras, produto da intervención humana para a obtención de pastos, ocupan as maiores extensións do parque e o ambiente rural, a través dos espigueiros, socalcos e brandas, síntese no territorio.
O megalitismo, a cultura castrexa, a ocupación romana, ou o medievo presentan exemplos notorios e belos na forma de mámoas, antas, calzadas ou castelos.

Un medio e unha historia que nos aproximan ao norte de Portugal.

Anímaste?

Preme no documento PROGRAMA DE PENEDA-GERÊS e no documento ALOXAMENTO E RESERVA.
Máis información, logo das fotografías.

Indicacións

-A tarifa é 69€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 59€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado na Pousada de Campo do Gerês (saída o domingo), a cea do sábado na Pousada, o almorzo e o xantar volante do domingo, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará