Visita ao Parque Nacional Peneda-Gerês. “Bosques da Serra do Gerês e a envolvente Serra Amarela” 25 e 26 de xullo, Gerês

Cicelado na Oroxenia herciniana, e conformado por catro fermosas serrasAmarela, Gerês, Soajo, Peneda-, e dous planaltos –Mourela e Castro Laboreiro-, o Parque Nacional Peneda-Gerês presenta unha xeografía variada a descubrirmos. Así, relevos esgrevios e sinuosos, bosquetes de laurisilva na falla do Gerês, as masas boscosas exuberantes na Albergaria e Cabril; afloramentos graníticos impoñentes, ambientes de ribeira vertebrados polos ríos Lima, Cávado ou Homem. Vales vizosos.
Mais a presenza humana é palpábel pois as matogueiras, produto da intervención humana para a obtención de pastos, ocupan extensións destacadas do parque, e o ambiente rural, a través dos espigueiros, socalcos e brandas, síntese no territorio.
O megalitismo, a cultura castrexa, a ocupación romana, ou o medievo presentan exemplos notorios e belos na forma de mámoas, antas, calzadas ou castelos.

Un medio e unha historia que nos aproxima ás galegas ao Norte de Portugal.

Consulta o PROGRAMA e o ALOXAMENTO, ALIMENTACIÓN E RESERVA

INSCRICIÓN E TARIFAS, logo das fotografías.

-LÍMITE DE PRAZAS, 28.
-A visita realizarase en coches particulares. Para compartires coche, ou sumarte a outro, fai mención na inscrición ou contacta con Faia. O uso de máscara nel é unha obriga.
-As persoas menores deben vir acompañadas por unha adulta.
-INSCRICIÓN E TARIFAS
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
[ninja_form id=12]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *