Visita ao Courel “O Val de Visuña e Selmo. A Devesa da Rogueira. Na cerna do territorio” 24 e 25 de agosto

Non lembro o lugar e o momento no que aconteceu. Achegabámonos á cerna do Courel. Durante a viaxe, entre fala, silencios e ledicia, o tempo transcorría pracenteiramente. Nun intre, percibimos unha sensación estraña. E ficamos caladas. Seica baixamos do coche sen dicirmos ren.

Foi na empardecida de verán.
O ar arrefriou e encheunos; as frondas envolvéronnos e a lentura da terra sedounos.
Diante de nós desfilaban imaxes. Unha moura peiteábase e persuadíanos teimudamente para nos levar ao seu val. Na nevarada, un grande carboeiro, tocáballe a barriguiña ás cativas e deixáballes castañas. O oso e a aguia bisbábannos sedutoramente no ouvido; querían volver ao lugar de nacenza.
Presentiamos o ar do lobo; e dábanos alento! No Monte Cido, homes e mulleres rexas defendían o seu territorio e preparaban a súa noite máis triste…
De socato, todo desapareceu. O abraio reflectíase nas nosas facianas. Non sabemos canto tempo estivemos así.
Ollámonos pequechas, moi pequechas, en tan vasto territorio; mais decidimos entrar finalmente, con todos os sentidos e coa certeza da nosa escasa dimensión no seu dilatado universo.

Anímaste?

PROGRAMA (preme na palabra)

HOSPEDAXE E RESERVA (preme na palabra)

Máis información logo das fotografías.

Indicacións

-A tarifa é 74€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 61€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 61€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 60€.
-O prezo inclúe a a hospedaxe do sábado no Albergue de Folgoso, a cea do sábado, o almorzo do domingo, o picnic/xantar volante do domingo. Tamén inclúe a visita guiada a Vieiros, as monitorizacións dos percorridos, a preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste FORMULARIO . Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *