Visita ao Courel “O Paseo dos arandos, o Obradoiro de cremas e marmeladas, licores e xarope de arandos, a Ruta nocturna, a Fervenza de Vieiros, a Etnografía” 14 e 15 de agosto
PROGRAMA
Domingo, 14
11h, Visita guiada ao Museo etnográfico de Quiroga
Dividido en múltiples salas temáticas, pretende dar cabo dunha boa parte do patrimonio cultural da comarca. Así, irán aparecendo paseniño, as adegas, a produción téxtil, os muíños de aceite, as fraguas, a castaña, o mel, a arquitectura popular.
15h, Ruta “O paseo dos arandos”. Nivel de dificultade, fácil.
Nun souto, apañando arandos e acompañadas por Verónica (de Caurelor, empresa con Certificación Ecolóxica), iranos explicando as singularidades deste prezado froito tan nutritivo e saudábel, e as particularidades que presentan os fermosos soutos do Courel; mais tamén saberemos sobre as dificultades que pasan os castiñeiros, asi como as variedades e un pouco da súa longa historia.
17h, Obradoiro ecolóxico. “A Elaboración de crema e marmelada de arandos, licor de arandos e arandos en xarope”
Nunha actividade participativa, tras a recollida de arandos, chega o momento da elaboración de diversos produtos. Teremos a oportunidade de coñecermos e a experiencia do traballo en ecolóxico de Caurelor coa elaboración das marmeladas, licores e os arandos en xarope. Para non perdermos…
19h Degustación de produtos ecolóxicos elaborados con froitos dos bosques do Courel
20h “Ruta nocturna”. Interese histórico, literario e ambiental. 6 km, dificultade baixa-moderada
O Courel, sitio distinto. Fogar do medio natural, das sociedades que deben ser respectuosas..
Acolá, na serra, un Patrimonio natural pleno, voluptuoso, fértil….. Patrimonio literario fecundo -Novoneyra, Fole, María Mariño,..- …..Patrimonio histórico relevante -O Monte Cido e a derradeira batalla. O Castelo de Carbedo..- ….. O Patrimonio social e a configuración do territorio…. E, nestas, datas, no Alto, As Perseidas…
12h Remate
Luns, 15
11h, ” Ruta da Fervenza de Vieiros”. 5km. Nivel de dificultade, baixa
Salva o río Selmo, a través de correntes e fervenzas, centos de metros de desnivel até chegar a un emprazamento de gran impacto paisaxístico e xeomorfolóxico. Son os 20 metros dunha das fervenzas máis elegantes do noso territorio. Velaquí, a Fervenza de Vieiros
14h Remate
Anímaste?
INFORMACIÓN SOBRE A HOSPEDAXE E A RESERVA (PREME NESTAS PALABRAS)
MÁIS INDICACIÓNS SOBRE A VISITA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS.
Indicacións
-A tarifa é 62€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 51€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 51€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 51€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do domingo no Albergue do Courel, a merenda-cea do domingo, o almorzo do luns, o picnic/xantar volante do luns. Tamén inclúe o Obradoiro de marmeladas, licores e xarope de arandos, a degustación de produtos, a Visita guiada ao Museo Etnográfico, a preparación do programa, as monitorizacións das rutas e o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia. É obriga a reserva de 20€ que se descontará da tarifa global da visita.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo
Uxío Novoneyra