“Visita ao Courel. Na paisaxe primorosa, inverno de 2018” 20, 21 de xaneiro



Situámonos na Rexión bioxeográfica eurosiberiana. Provincia atlántica europea. Entre as Subprovincias Orocantábrica e Cántabro-atlántica.
O Courel. Comeza o idilio.
Sobreirais termófilos no eido mediterráneo, aciñeirais en encostas da subsp. ballota nos solos calcarios, sistemas kársticos que fan perder, momentáneamente, a conciencia, carballeiras albares en pendentes rochosas, bosques de acivros con sub-bosque de arandeiras, reboleiras montanas, egrexios soutos de castiñeiros, carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur, bosques de aluvións, faiais acidófilos atlánticos, biduerais montanos,…

Mais alí, na plenitude do Courel, na cerna da harmonía, rota só pola estulticia permanente da especie humana, sempre hai algo novo que sorprende.

Ese lique tan fermoso, a cladonia. A herba chaveira en flor verde. A laureola dos solos calcarios. Alí, a impactante marcescencia das follas dos rebolos arrimados, dos limbos lanceolados das faias, bate co verde lustroso dos érbedos e do profundo dos eternos teixos…

O medio solicita cariño e xenerosidade non-correspondidas. Un luxo, un cadro. O abraio ante a plenitude e voluptuosidade.

Ao noso pensamento, maxín, coñecemento, cústalles entender, comprender, reter tanta beleza.
No Courel.

DOCUMENTOS- PROGRAMA –  ALOXAMENTO E RESERVA

Información TARIFAS e INSCRICIÓN, logo das fotografías

Indicacións

-A tarifa é 73€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 59€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 58€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado no Albergue de Folgoso do Courel, a cea do sábado na Casa As Triegas, o almorzo do domingo, o picnic/xantar volante do domingo. Tamén inclúe o Obradoiro de elaboracion de augas florais e hidrolatos, a preparación do programa, as monitorizacións e o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *