Visita ao Courel ‘Eiquí sempre foi bosque’ 28 e 29 de outubro

“Andade engordiño, devagar,…. paseniño.
Pechade os ollos e voade…estamos no Courel.
Velaquí, a plenitude.”

Situámonos na Rexión bioxeográfica eurosiberiana. Provincia atlántica europea. Entre as Subprovincias Orocantábrica e Cántabro-atlántica.
O Courel. Comeza o idilio.
Sobreirais termófilos no eido mediterráneo, aciñeirais en encostas da subsp. ballota nos solos calcarios, sistemas kársticos que fan perder, momentáneamente, a conciencia, carballeiras albares en pendentes rochosas, bosques de acivros con matos de arandeiras e luzulas, reboleiras montanas, egrexios soutos de castiñeiros, carballeiras galaico-portuguesas , bosques de aluvións, faias e máis faias, biduerais montanos,…
Mais alí, sempre hai algo novo que sorprende.
Ese lique tan fermoso, a cladonia. A herba chaveira en flor verde. A laureola dos solos calcarios. A impactante marcescencia das follas dos rebolos arrimados e dos limbos lanceolados das faias, bate co verde lustroso dos érbedos e do intenso dos eternos teixos

PREMEDE NO PROGRAMA E NO ALOXAMENTO E RESERVA

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

As prazas etán limitadas e se distribuirán segundo a orde de inscrición.
INSCRICIÓN


Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *