“Visita ao Bierzo. Montañas do Alto Sil, As Médulas, o Faial Occidental” 24, 25, 26, 27 de marzo

Extenso, variado, diverso, rico para o definirmos. Velaquí, unha aproximación.

Atravesado polo Sil, e flanqueado no seu perímetro ou cara ao seu interior polo Courel, os Montes Aquilianos, o Cordal Cantábrico, Os Ancares, o Alto Sil,  Montes de León, O Bierzo é a suma dunha depresión formada por sedimentos da Era Terciaria e dunha grande parte destas montañas.

Non pensades que un sitio así debe ser fermoso?

Mais a súa xeografía polarizou a aparición da sociedade e da súa historia. Arquitectura, economía da vide, da froita, do embutido; economía mineira da antracita; variedade lingüística.

E así, na visita, terán protagonismo o sendeirismo no cativador e sedutor Faiedo de Busmaior, as abruptas montañas do Alto Sil, a Paisaxe Cultural das Médulas. E as pinturas rupestres de Sésamo, a mina Pozo Julia e Vilafranca do Bierzo.

Pois…a gozarmos del. Anímaste?

Máis indicacións ao remate das fotografías.



Indicacións

-A tarifa é 104€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 95€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 95€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 95€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do xoves, venres e sábado en apartamentos rurais equipados (saída o domingo), a cea-convivio do sábado, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *