Visita ao “Alto Eo, Os Oscos e Fragas da Marronda” 25 e 26 de xullo (A Fonsagrada-Santalla de Oscos)
A Media Montaña do Alto Eo e Os Oscos salienta por unha gran diversidade de ecosistemas, xeomorfoloxía singular, considerábel variadade botánica e un elevado impacto paisaxístico.
Entre cumios alombados que comparten espazo con vales e engrobas encaixadas, angostas, abruptas, hai unidades paisaxísticas tan variadas coma ríos cun alto grao de naturalidade ou fragas fermosas e xenerosas onde campan o carballo atlántico, o carballo albar, pradairos, acivros, bidueiros ou castiñeiros
A presenza de pequenas poboacións fomentou a aparición de praderías de sega, soutos, hortos de froiteiras e terras para o cultivo da vide.
Velaquí, unha nova realidade ambiental, social, cultural, económica.
Preme no PROGRAMA e no ALOXAMENTO E RESERVA
TARIFAS E INSCRICIÓN, logo das fotografías.















INSCRICIÓN
—A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade. Se non tiveres transporte, coméntao.

