Visita á Reserva da Biosfera Área de Allariz e Terras da Limia. “Entre canóns e fervenzas, lagoas esquecidas, carballeiras mixtas montanas e a República do Couto Mixto” 23, 24 e 25 de xullo

Os canóns profundos e as fervenzas do Fírbeda, a histórica República do Couto Mixto, as fermosas Veigas de Ponte Liñares, densas carballeiras mixtas montanas, os vestixios da gran Lagoa de Antela, o macizo montañoso de Allariz, a poderosa carballa da Saínza, Monumento Natural, a sólida Torre de Homenaxe da Forxa, as touzas harmónicas de pasteiros e bosquetes, a pegada romana e a Vìa Nova, a vexetación de influencia mediterránea a gran chaira limiá, Santa Mariña de Augasantas,  fan parte das Terras da Limia, da Reserva da Biosfera da Área de Allariz.

E así, 3 rutas de sendeirismo de alto valor ecolóxico e histórico a diversos ecosistemas, e visitas guiadas de contido, cultural, ambiental e socioeconómico, procurarán entender e valorizar un pouco este extenso, variado e fermoso territorio.

Anímaste?

Información sobre o PROGRAMA, HOSPEDAXE E RESERVA (preme nas palabras)

Máis información sobre a visita, ao remate das fotografías

Indicacións

-A tarifa é 89€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 79€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado e domingo no Albergue A Escola (Vilar de Santos), as ceas do sábado e domingo, os almorzos do domingo e do luns, o xantar volante/picnic do domingo e do luns, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *