Visita de Outono “A Serra da Culebra e o Parque Natural Lago de Sanabria” 24 e 25 de outubro (Zamora)

“E nas proximidades do bosque sombrizo e desolador, a humidade flúe polas ladeiras do extinto glaciar. Formas laterais arredondadas que no alto nos protexen. Rebolos e bidueiros. Baixamos devagar. As pradeiras densas de arandeiras e luzulas e as briófitas dominantes en toda fisura de madeira ou pedra, preparan o escenario. Primeiro, unhas manchas entre as abelairas e bidueiros e logo, tras a verea correcta, na cerna, o bosque. Nada máis belo.

Entre os bidueiros, recios e varudos os teixos, maxestosos e envellecidos coexisten coa descendencia máis cativa acó e acolá. O chán, aflixido e en pendente. E sen nos determos, unha última ollada desde a orla do seu bosque, o seu derradeiro dominio.”

Velaquí o PROGRAMA e o ALOXAMENTO E RESERVA

TARIFAS E INSCRICIÓN, logo das fotografías

INSCRICIÓN


—A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-O transporte realizarase en coches particulares. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *