Faia Educación Ambiental

“Visita á Ribeira Sacra. Entre o Canón do Sil e as Carballeiras de San Pedro de Rocas”. Antropoloxía, ecoloxía, xeoloxía e historia, 25 e 26 de xaneiro

A opulencia, a abundancia e a riqueza intanxíbel están presentes na Ribeira Sacra

A ecoloxía está fortemente representada por ecosistemas tan variados coma os bosquetes das adustas aciñeiras nos bosques de encostas, e sobreiras, en zonas térmicas. As reboleiras montanas con comunidades vexetais ben definidas. Os escasos e rexos erbededos de folla lauroide son un luxo para os sentidos, historia botánica. Os soutos de castiñeiros vigorosos…mesmo pequenas carballeiras atlánticas.

A illa antropolóxica de San Pedro de Rocas ou o valor inviolábel da paisaxe simbolizada polos Canóns do Sil. A concentración do mundo románico no seu Patrimonio histórico-artístico. E o pobo, os oficios, a economía, a vida; as olarías de Niñodaguia, Gundivós,..

Anímaste?

Preme no PROGRAMA e no ALOXAMENTO E RESERVA

Tes máis información sobre as tarifas e inscrición, logo das fotografías.

Máis indicacións

-A tarifa é 75€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 65€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 65€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 65€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do sábado no Albergue Municipal de Esgos Youth Hostel (Esgos), a cea do sábado, o almorzo do domingo, o xantar volante do domingo, a preparación do programa, a monitorización das rutas, as visitas guiadas, o seguro de responsabilidade civil e as taxas.
Límite da inscrición, 32 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *