Visita á Ribeira Sacra “Bosques e Canóns do Sil e do Mao” 27 e 28 de xaneiro (Ourense)

A opulencia, a abundancia e a riqueza intanxíbel están presentes nos Canóns do Mao e do Sil.
A ecoloxía está fortemente representada por ecosistemas tan variados coma os bosquetes das adustas aciñeiras nos bosques de encostas, e as sobreiras, en zonas máis térmicas. Os escasos e rexos erbededos de folla lauroide son un luxo para os sentidos, historia botánica. Os soutos de castiñeiros vigorosos…as identitarias carballeiras atlánticas…sacudidas de agora liques Cladonia turxentes e das briófitas tendidas, despregadas no chan e acubillo da fermosa vida miúda.
Estas comunidades vexetais e os Canóns do Sil e do Mao representan o valor inviolábel da paisaxe natural.

Preme acó no PROGRAMA e no ALOXAMENTO E RESERVA

A INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

        

INSCRICIÓN A inscrición neste formulario será contestada por Faia nun prazo máximo de 12h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706


Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *