“Visita á paisaxe primorosa. Os Ancares e O Courel” 24 e 25 de xaneiro

Situámonos na Rexión bioxeográfica eurosiberiana. Provincia atlántica europea. Subprovincia Orocantábrica.
Os Ancares e O Courel. Comeza o idilio.
Bosques monoespecíficos de acivros, carballeiras albares en pendentes rochosas, faiais acidófilos atlánticos, sobreirais termófilos no eido mediterráneo, aciñeirais en encostas da subsp. ballota nos solos calcarios, sistemas kársticos , reboleiras montanas, soutos de castiñeiros, carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur, bosques de aluviónsbiduerais montanos,…
Mais alí, na plenitude, na cerna da harmonía, sempre hai algo novo que sorprende.
Ese liques tan fermosos, a Cladonia, a Lobaria. A herba chaveira en flor verde. A laureola dos solos calcarios. Alí, a impactante marcescencia das follas dos rebolos arrimados, dos limbos lanceolados das faias, bate co verde lustroso dos érbedos e do intenso dos eternos teixos…
Un luxo, un cadro. O abraio ante a plenitude e voluptuosidade.
Ao noso pensamento, maxín, coñecemento, cústalles entender, comprender, reter tanta beleza.
Nos Ancares, no Courel

PREME NO PROGRAMA E NO ALOXAMENTO E RESERVA

Información TARIFAS e INSCRICIÓN, logo das fotografías

INSCRICIÓN


A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *