“Visita á Illa de Cortegada. Parque Nacional das Illas Atlánticas” Carril, Arousa, 29 de maio

PROGRAMA
11h Transporte en lancha desde Carril á Illa de Cortegada
11,15h Sendeirismo. Ruta guiada na illa. Interese botánico, histórico, cultural. paisaxístico. 3,5km/nivel, doado. O gran bosque de loureiros. As lianas.
14h Descanso na Illa de Cortegada ou traslado a Carril (a opción das persoas)
16h Visita guiada aos viveiros do Parque Nacional.
Visita á Lonxa de Carril. A ameixa fina, babosa, xapónica. O berberecho.
18,30h Remate


Desembocadura do Ulla. Carril.
Unha illa agarda fronte a nós. Nas mareas, rañeiras e mariscadoras traballan no mar. Pernas ergueitas, lombo dobrado, sacho e angazo na man. Auga calma. Mulleres. Homes. O traballo non é novo. Líganos a tempos non moi afastados. Os vestixios das conserveiras certifícano.
A nosa ollada seguía no peirao, nos viveiros, no bulicio das lanchas, na amplitude da ría. Andoriñas e gaivotas. Mais eu xa só pensaba na avoa, nas tías e tíos, e no traballo no mar. Botei unha ollada cara a atrás; alí, Carril. Incorporei a vista á fronte. E así, a presenza dela era cada vez maior; empezaba a encher o espazo.
Ela…aí diante…Cortegada..Olleina en fite e entón….. lembrei..
Ano 1907. A vida dos Chaves, Abalos, Sardiñeiras, transcorre laboriosa, dura, na illa. Mais algo acontece e altera todo canto hai. O rumbo das súas vidas e Cortegada mudan para sempre…

Máis indicacións logo das fotografías.


-Localización. Carril, Vilagarcía de Arousa.
-Data. 29 de maio.
-Punto de encontro. O punto xeral é o peirao de Carril. O transporte realízase en coches que deberán vir completos. Quen veña desde o sur, o punto de encontro é Arcade.
-Tarifa. 19€ (Inclúe o transporte en lancha á Illa de Cortegada, as visitas guiadas aos viveiros do Parque Nacional e á Lonxa de Carril, a monitorización da ruta por Cortegada e o seguro de responsabilidade civil). Cómpre facer reserva de 10€. O resto do pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 14€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 14€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 14€ cada unha.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 14€ cada unha.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *