Visita a Guimarães ‘O Patrimonio histórico e o Medio natural’ 20 e 21 de agosto (Guimarães-Portugal)

Guimarães.  No Largo da Oliveira, o Campo de Ataca, a rúa Egas Moniz, a Praza S. Tiago, a figura de Mumadona, o Castelo, ou con Afonso Henriques se tecen a historia, a arquitectura e urbanismo de varios séculos.

Mais, asemade, transitado polos ríos Ave, Vizela e Selho, estes amosan instantes de contemplación e sosego, onde a menta da auga e os poexos, xunto da espadaina, estancan nos remansos de auga e o ulmeiro enriquece os bosques de ribeira, prácidos; alén destes, os bosquetes de carballos con unidades de gran porte cinguen esta materia natural na por momentos se entrementen para morreren no río.

E entre sobreiras, carballos e freixos, a Citania de Briteiros coa variedade das súas construcións (Balneario, Casa do Consello, núcleos residenciais, rúas principais e secundarias) e a actividade económica desenvolvida amosan que nos atopamos ante unha cidade principal.

 

PROGRAMA e ALOXAMENTO

    

-LÍMITE DE PRAZAS
INSCRICIÓN E TARIFAS
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *