Visita a “Braga-Guimarães. O Patrimonio histórico e o Medio Natural da Rexión do Norte histórica”, 15 e 16 de agosto (Braga-Portugal)
Braga. O Teatro romano, as Termas romanas de Maximinos, a Praza da República, a Sé, a rúa do Souto, os Xardíns de Santa Bárbara,..
Guimarães. O Largo da Oliveira, o Campo de Ataca, a rúa Egas Moniz, a Praza S. Tiago, a figura de Mumadona, o Castelo, Afonso Henriques…
Mais, asemade, transitados polos ríos Vizela, Vade, Selho, estes amosan instantes de contemplación e sosego. E das fervenzas á menta da auga e aos poexos, xunto da espadaina, quen estancan nos remansos de auga e o ulmeiro enriquece os bosques de ribeira, prácidos; alén destes, os bosquetes de carballos con unidades de gran porte cinguen esta materia natural na que por momentos se entrementen para morreren no río.
Preme no PROGRAMA e ALOXAMENTO E RESERVA











-LÍMITE DE PRAZAS
–INSCRICIÓN
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

