Sendeirismo por Redondela

Indicacións

Hora de inicio, 10h–Hora de remate, 13,30h

Ruta Sur (Vilar de Infesta, Cabeiro, Negros, Saxamonde). 19 de abril
Lonxitude. 8Km (aproximación)
Dificultade, baixa
Percorre tramos da Senda da auga, outros do Camiño portugués, carreiros e pistas.
Interese histórico, botánico.

Punto de partida, Capela de Santiaguiño de Antas

Ruta Norte (Cesantes, O Viso). 23 de maio
Lonxitude, 6km (aproximación)
Dificultade, baixa
Percorre a enseada e o Alto da Cabaleira a través de carreiros, sendas e treitos do Camiño portugués.
Interese ecolóxico, histórico-cultural, paisaxístico.

Punto de partida, A Punta de Cesantes

Ruta das Pedras (Ventosela). 14 de xuño
Lonxitude, 10km
Dificultade, baixa
Ruta de grande interese litolóxico dadas as singulares formacións rochosas, a través de pistas forestais. Interese paisaxístico.

Punto de partida, Casa Cultural de Ventosela

-Inscrición. Formaliza a túa inscrición neste formulario ou ligando para o 686998706. A inscrición precisa confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *