Ruta “A Paisaxe protexida. Bosques do Corno do Bico” 21 de maio, Paredes de Coura (Portugal)
Pequechos bidueirais nos cumios, fermosas faias zarrapicadas pola espesura, matas profusas de polytrichum e esfagnos, Flora bulbosa de primavera-verán; xacintos, escilas, abrótegas e narcisos bulbocodium.
Declarada Paisagem Protegida e Sitio da Rede Natura, abraia polo seu abondoso manto vexetal no que as carballeiras son a formación dominante. A carón do carballo, o bidueiro e o acivro. Mais non sempre foi así.
Polas súas encostas até o fondo dos vales, os cultivos en mosaico, práctica harmónica do agro no medio, persisten no tempo. E así, desde os cumios, enriquecen e engalanan a paisaxe. A arquitectura tradicional, o caos dos blocos de granito, os bosques ripícolas que abeiran o río Coura, o Labruja e os afluíntes do Vez polos seus vales.
Belo e interesante. Anímaste?
Máis información ao remate das fotografías
Indicacións
–Localización. Paredes de Coura
–Data. 21 de maio.
–Lonxitude do percorrido. 10 quilómetros.
–Dificultade. Baixa-moderada.
–Horas de inicio. 11
–Horas de remate. 17h
–Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación e monitorización da ruta, e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade.
–Punto de encontro. Valença de Minho. Tras atravesarmos a Ponte internacional de ferro entre Tui e Valença.
–Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.