Ruta “Os bosques de Balneario” 19 de outubro, Mondariz Balneario

Un rego e un río introdúcense paseniño en terras de Balneario. Baixan as augas cantareiras e ramifican en levadas. O Valdecide e o Xabriña. Un pequeno canón no río eleva considerabelmente a humidade, a luz escasea. O xogo de luces e sombras no movemento das follas caducas, na árbore, no ar. A luz que filtran as abelairas.
Komorebi“, din.
Neste transcurso medran os bosques de Balneario. Carballeiras colinas espesas onde se fixan as especies cespitosas enchidas de clorofila. Hepáticas, briófitas. Selviñas de osmundáceas e androsaemos próximas á auga. E nos noiros de levadas e camiños, acompañan as fentas e as abrairas
Máis información e inscrición logo das fotografías

INDICACIÓNS
Localización. Mondariz Balneario.
Data. 19 de outubro.
Lonxitude. 9 quilómetros.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *