Ruta “Os bosques de ambientes húmidos” Parque Natural Monte Aloia, 26 de marzo

As orientacións Norte-Sur, a altitude, latitude e unha humidade ambiental e edáfica elevadas, determinan unha gran cantidade de ambientes. Neles, as pequechas aves forestais, nomeadamente ferreiriños varios e pimpíns, doadas de observar; como tamén, anfibios como a ra dos regos ou dúas especies de limpafontes. E réptiles e bolboretas.

Todas estas clases atopan o seu particular paraíso.

Tamén libeliñas, aceiteiras, cabaliños do demo, vacalouras,….fungos, brións, liques e fentos.

Desde os pequenos bosques de sobreiras de orientación sur aos bosques ribeiregos ateigados dunha frenética e luxuriosa vexetación de ribeira. Desde a vexetación casmofítica, tan fermosa, colorista e variada enriba das penas aos queirogais atlánticos e ás carballeiras termófilas….

Fermoso e interesante..Anímaste?

Máis información logo das fotografías

Indicacións
Localización. P.N. Monte Aloia
Data. 26 de marzo.
Lonxitude do percorrido. 13 quilómetros.
Dificultade. Moderada.
Horas de inicio. 11
Horas de remate. 17h
Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación e monitorización da ruta, e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade.
Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *