Ruta “O cumio do Faro de Budiño na Gran Depresión Meridiana Galega” 24 de maio, Val da Louriña (O Porriño)

“…E na contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro de Budiño, as herbas medran ventureiras e contentes…”

De notoria beleza, desde o alto, O Faro escribe a súa resistencia fronte á erosión do territorio circundante, que se transforma no Val da Louriña e, xunto del, na conspicua Depresión Merididana Galega, resisten o Castelo de Cans, as Estribeiras do Galiñeiro, o Monte Aloia e o Galleiro. E no fondo do Val, as fermosas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro…

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, logo das fotografías.

INDICACIÓNS
Localización. Val da Louriña (Budiño, O Porriño)
Lonxitude do paseo. 10km.
Altitude. 85m-390m
Dificultade. Baixa-moderada.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
transporte realizarase en coches. Quen non teña, pode sumarse a outros coches.

INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *