Ruta “Na Serra da Anta, tras o Caminho dos mortos” 24 de setembro, Monçao

Andamos entre unha envolvente vexetación riparia. Sanguiños, abelairas. Próxima, no Caminho dos mortos, unha fermosa carballeira galaico-portuguesa. Unha longa corredoira acompaña aos ribeiros; variados brións, liques e fentos engalanan os seus noiros empedrados. Debemos coñecelos; acó e acolá, pastos en pequechos outeiriños, partipando da sensación verdella que comeza agora a amarelecer….Rezuma o camiño carreteiro, e lévanos até unha linda paisaxe cultural, a harmonía dos socalcos. E, sen descansar, trasládanos, deseguido, a un local de pegadas milenarias; a mámoa do Cotinho. Interese ecolóxico, social, cultural, paisaxístico.

Máis información, logo das fotografías

Indicacións
Localización. Monçao.
Punto de encontro. Tras a ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao, nos aparcadoiros da parte portuguesa. Desde alí, dirixirémonos nos coches ao inicio da ruta. A hora no punto de encontro é as 10,15h.
Data. 24 de setembro
Lonxitude do percorrido. 12km
Dificultade. Baixa-moderada.
Horas de inicio da actividade. 11h
Horas de remate. 17h
Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación e monitorización da ruta, e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade.
Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *