Ruta “Montañas do Parque Nacional Peneda-Gerês” 22 de marzo, Castro Laboreiro (Portugal)

Espreguiza a primavera. Entre bidueiros, musita o ar apracíbel e tempera a nosa cara. Na beira do camiño, a carón das rochas fragmentadas xorden as flores da primavera. Tempos de polinización e a fecundación. Bole a vida macroinvertebrada.
As incipientes follas dos rebolos entre verde e carmesí embelecen coas antocianinas o camiño.
As liñas de auga atravesan o territorio e os seus capilares regan, afortunadamente, as abas das montañas e os vales. Arrinca o novo ciclo…”

Máis información, logo das fotografías.

 

INDICACIÓNS
–Localización. Castro Laboreiro
–Lonxitude do paseo. 10km.
–Altitude. 800m-1050m
–Dificultade. Baixa-moderada.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 17h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *