Ruta de Mosteiró. “As bolboretas e outros seres diminutos”
O trilho de Mosteiró agocha moitos encantos. Os bosquetes de sobreiras, a fervenza da Grova, a abundancia de oliveiras. As quintas ou o convento de Mosteiró enriquecen o seu patrimonio..
Mais o 7 de xullo, ademais de coñecermos o medio que envolve á ruta, entraremos n’O mundo das bolboretas e outros seres diminutos“. Con el, pretendemos que a nosa atención perciba non só o evidente senón un mundo de cores, formas, costumes, hábitats, alimentación… diferente, estraño, abraiante..
Aprenderemos isto con Paula quen tamén nos ensinará as diferentes fases polas que pasan as bolboretas ou como as criarmos…
Por isto, animámosvos a traer a cámara; fotografarmos algún destes cativos e fermosos seres e ollarmos o resultado resulta reconfortante. Trátase de que ao remate da ruta haxa unha pequena sorpresa para quen máis fixe a súa camara nestes lindos seres..
Anímaste?
Indicacións
-Localización. Valença de Minho.
-Data. 7 de xullo.
-Lonxitude do percorrido. 10 quilómetros.
-Dificultade. Baixa.
-Punto de encontro. Será as 10,15h nas oficinas da antiga alfándega, en Valença, logo de atravesarmos a histórica ponte entre Galiza e Portugal.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Tarifa. 8€.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 3€.
-As menores de 12 anos tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Cómpre inscribirse antes do 6 de xullo.