“Ruta das herbas do solsticio. O Sanxoán”. 21 de xuño, O Porriño

En Budiño (O Porriño), nunha contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro, as herbas medran ventureiras e contentes…

E a cada paso aparecen o tormentelo, a malva, a néboda, a herba madroa, o fiúncho, a falsa árnica, o poexo, o ourego, a abeloura, o trovisco, chantaxe, a herba dos carpinteiros, os estalotes, o orxabán, a camomila, o mentraste, a borraxa,..

Queres coñecelas?

Anímaste?



Máis indicacións

-Localización. Budiño (O Porriño)
-Punto de encontro. Dependerá da procedencia das persoas.
-Lonxitude. 4,5 km.
-Hora de comezo. 9,30h.
-Hora de remate. 13,15h.
-Tarifa. 6€. (Inclúe monitorización de 10 herbas do solsticio e o seguro de responsabilidade civil).
-Nas unidades de convivencia, as persoas menores tarifarán 3€
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Data límite de inscrición, 20 de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *