“Ruta das herbas do solsticio. Imaxes dun paseo reparador” O Porriño

E velaquí que aparecen a madroa dos partos, o tormentelo dos cabelos, as fermosas silenes, os poexos aromáticos, ouregos dos mollos de tomate, a flor do papel, o romeu de cremas, extractos e ungüentos, a cítrica herba luísa das infusións, o trovisco do perigo, a herba da nosa señora, o delicado aroma do hortelán, a abeloura sobranceira, a menta brava das estrugas, a néboda das castañas, os croques dos xogos,…
mais no camiño da levada e coa calor….aparece a sorpresa e gañamos o día. Pois alí, a musculosa serpe riscada, coa brillante cor ocre e as bandas escuras e o fermoso lagarto das silveiras de cabeza azulada reconfórtannos o día..
Até mais ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *