“Ruta das herbas do solsticio de verán. O sol, a auga e a vexetación. O ramo de Sanxoán” O Porriño, 19 de xuño
10h- 13,45, RUTA DO SOLSTICIO DE VERÁN
Recoñecemos a….
Abeloura, paletaina, néboda, herba madroa, tormentelo, falsa árnica, poexo, ourego, xarxa, romeu, menta brava, camomila, hortelán, herba da nosa señora, estalote, sabugueiro, fiúncho.
Mentres…
O sol. Salvamos o lume. Os ensalmos. Mouras, cobras, meigas e cadelas. O feminino e o masculino.
Máis adiante..
A auga das fontes, do orballo, dos ríos, do mar. O número impar.
Logo…
A vexetación, ese elemento protector. O paganismo
Por último…..
Elaboración do enramado. con sete herbas a elixir.
Máis información, logo das fotografías.
Máis indicacións
-Localización. O Porriño
-Data. 19 de xuño.
-Lonxitude do percorrido. 5 quilómetros.
-Dificultade. Baixa
-Punto de encontro. Ás 9,30h, diante do Centro Cultural Municipal
-Hora de comezo da ruta. 10h.
-Hora de remate da ruta. 13,30h aproximadamente.
-Tarifa. 6€ (Inclúe a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 2€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 2€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 2€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 2€.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.