Ruta da fervenza do Xesta. A Serra do Suído.

No Suído, as augas do Xesta transcorren por vales pronunciados e desniveis de terreo considerábeis e así, na fermosa fervenza A Freixa, o río precipítase polo rochedo granítico, cinguido de vexetación propia: logo, o seu leito encaixado crea un canón impoñente con fragas ben conservadas na ladeira de orientación norte.

Resulta que o Xesta garda -eis a súa fortuna, a súa riqueza- as fragas máis extensas do suroeste galego.



Permitídenos agora a cantiga…

Alecrín, alecrín dourado
que naceu no monte
sen ser semiado.

Ai, amor, amor,
quen che dixo a ti
que a flor do toxo
era o Alecrín!

Alecrín, alecrín dos mollos
que pola túa culpa
choran os meus ollos.

Ai, amor, amor,
quen che dixo a ti
que a flor do toxo
se chamaba así!


O comezo do camiño transcorrerá entre monte baixo; matogueiras de toxo, queiroga e xesta florida ás beiras do camiño…

e remataremos ollando, desde o alto, esta fermosa fraga.

E tempo da flora, abondosa…

mais resultará interesante coñecermos un pouco da historia común dos pequenos núcleos que discorren polo noso percorrido.

Gostas?

Indicacións

-Localización. A Lama.
-Data. 16 de xuño.
-Lonxitude do percorrido. 8 quilómetros.
-Dificultade. Baixa a moderada.
-Punto de encontro. Para quen non coñecer, ficamos en Redondela, ás 10,15h.
-Hora de comezo. 11h.
-Hora de remate. 17h, aproximadamente.Indicacións
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Tarifa. 8€. (Inclúe seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 3€.
-As menores de 12 anos tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Cómpre inscribirse antes do 15 de xuño.

1 thought on “Ruta da fervenza do Xesta. A Serra do Suído.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *