Ruta “Bosques do Corno do Bico” 5 de xaneiro, Paredes de Coura (Portugal)

 

Diríxome a ese punto que descoñezo e xa non está el, meu cariño, comigo. Transito pola antesala do bosque non-primixenio, cavilando no devalo das estacións e da vida. Doéndome. A luz decae e o meu ritmo circadiano azouta, bóurame coma nunca o fixo.

As clorofilas verdes dan paso ao carotenoide laranxa, á xantofila amarela. E Perséfone, nos infernos. Contigo estaría. Mais cara Perséfone, non te enfades, quero resistir. Preciso de bidueirais nos cumios e da luz que reflicte a súa abrancazada betulina; das fermosas, severas e solitarias faias zarrapicadas pola espesura, próximas ás carballeiras case montanas que promoven contrariamente, o bulicio, a algarabía da vida.

E desde o alto, pequechiña, moi pequechiña, a miña ollada mais eu esvaramos polas encostas, espallándonos polos cultivos en mosaico no fondo dos vales entre sebes de pedra e acivros…

Anímaste?

Máis información ao remate das fotografías

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis indicacións
Localización. Paredes de Coura.
Data. 5 de xaneiro.
Lonxitude do percorrido. 10km.
Dificultade. Baixa-moderada
Punto de encontro. Valença do Minho (tras a ponte internacional de ferro, na parte da alfándega portuguesa). Ás 10,15h. Desde alí, dirixirémonos nos coches até o inicio da ruta.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Tarifa. 9€ (Inclúe a preparación, a monitorización da ruta, as taxas e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *