Ruta “As Lagoas de Bertiandos. O valor da diversidade” 17 de maio, Ponte de Lima

As Lagoas de Bertiandos. Un espazo diferente, dos máis fermosos do Norte de Portugal.

Figuras de protección Zona Húmida de Importancia Internacional, Sitio da Rede Natura, Paisagem Protegida.

Situadas entre o río Lima e a Serra da Arga, este espazo natural ocupa unha área de 350ha, cuxos valores ambientais se espallan polas dúas lagoas de Arcos e Mimoso, bosques asolagados nas beiras do rio Estoraos, tapadas, bosques caducifolios en expansión, fermosas veigas de millo e pasteiros, turbeiras. Ademais, unha avifauna notoria asociada a estes ecosistemas (mergullóns, garzas, picapeixes, galiña de río, alavancos), e un patrimonio cultural-histórico abondoso fan d’As Lagoas de Bertiandos exemplo onde os valores naturais, sociais, económicos e culturais conviven de xeito equilibrado.

Anímaste?




Indicacións

-Localización. Ponte de Lima.
-Data. 17 de maio.
-Lonxitude do percorrido. 12 quilómetros.
-Dificultade. Fácil.
-Punto de encontro. Valença de Minho, detrás da antiga alfándega, ás 9,15h, hora galega.
-Hora de comezo. 10,15h.
-Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Tarifa. 7€.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 3€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 3€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade. A tarifa inclúe a preparación e monitorización da ruta (medio natural, rural e histórico-cultural) e o seguro de responsabilidade civil. Dada a avifauna dos sistemas lacustres, levade, se tiverdes, prismáticos.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Até máis ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *