Ruta “As herbas do solsticio de verán. O San Xoán”. Budiño (O Porriño), 22 de xuño

O doce aroma da auga mesturada coas flores, o arrecendo anisado do fiúncho, o lavado da mañá tras o orballo da noite, a plenitude da flor, a protección do cacho e do enramado,…

En Budiño (O Porriño), nunha contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro, as herbas medran ventureiras, lizgairas, de flor contentes.

Tormentelo, fiúncho, herba madroa, ourego, falsa árnica, poexo, trovisco, malva, abeloura,..

Alí será a nosa ruta do domingo 22 de xuño. Desde as 10h até as 13,30h. Recoñeceremos as herbas e apañarémolas para as marcerarmos en auga a noite do 23 ou enramalas e colocalas nas xanelas, nas portas…hai que protexer a facenda!!

Anímaste?

Máis indicacións

-Localización. Budiño (O Porriño)
-Punto de encontro. Dependerá da procedencia das persoas.
-Hora de comezo. 10h.
-Hora de remate. 13,30h.
-Tarifa. 5€. (Inclúe seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha non tarifará.
-As menores de idade tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Data límite de inscrición, 21 de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *