Ruta “As Carvalheiras de Abedim”, Monçao, 19 de febreiro

Perspectiva histórico-cultural, Patrimonio natural e Interese paisaxístico.

Cunha historia propia e rica que arrinca no Medievo, e zona de transición entre as carballeiras colina e montana, A Carvalheira de Abedim, supón un espazo natural de elevado interese.

O tapiz esponxoso dos esfagnos nas encostas cobre o chan onde pousa a uz branca. Na densidade do seu sotobosque, o sanguiño indícanos a humidade que rezuma na carballeira e os numerosos blecnos, as fentas, nos noiros corroboran. Os camiños carreteiros, por momentos profundamente afundidos en congostras, vencellan estes ambientes cos vestixios do Castelo de Penha da Rainha, relacionado con episodios da Reconquista e do Nacemento de Portugal. E isto, entre os limpos acivros e os abondosos e relitos loureiros

Anímaste? Máis información ao remate das fotografías.

Indicacións
-Localización. Monçao.
-Data. 19 de febreiro.
-Lonxitude do percorrido. 8 quilómetros.
-Dificultade. Baixa-moderada.
-Horas de inicio. 11h
-Horas de remate. 16,30h
-Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación e monitorización da ruta, e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-O pagamento farase ao comezo da actividade.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Punto de encontro. Ás 10,30h na ponte entre Salvaterra de Miño e Monçao, na parte portuguesa. Desde alí, dirixirémonos nos coches até o inicio da ruta.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *