Ruta “As Carballeiras do Xesta. A sedución nas terras do Suído” 30 de novembro, A Lama.

Entre os 625m e os 750m da gran Dorsal Galega, as extensas Carballeiras do Xesta, situadas entre os pisos basal e montano galegos, amosan pegadas da súa vitalidade e plenitude; e dada a escaseza, a vulnerabilidade acompáñaas.
A menor altitude, a ábore climácica, o carballo atlántico, monopoliza o bosque e permite unha sucesión e asociación de especies que emperiquitan o chan, e embelecen horizontal e verticalmente o bosque. A variedade liquénica  e briófita é asombrosa. Así, diversas especies de Cladonias, Peltigeras, Usneas, Leprarias, Parmelias, xunto dos brións esfagnos ou os peiteados Dicranum, asomando a cabeza acó e acolá. As húmidas seixebras.
En subindo, os acivros fan parte do estrato arbustivo e paseniño, a súa presenza é tan notoria que consegue un bosque de seu, co seu desolador pouco amoblado interior. Unha fermosura. Cara a nacente, bidueiros límpidos achéganse á auga do Xesta, a beberen e viviren, confundíndose entre os carballos para que observemos un novo e belo ecosistema, xa montano, máis frío..

Máis información e inscrición logo das fotografías

INDICACIÓNS
Localización. Liñares-Xesta (A Lama)
Lonxitude do paseo. 9,5km.
Altitude. 625m-750m
Dificultade. Baixa-moderada.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *