Ruta “As brandas e socalcos do Sistelo. A estima e fortaleza dun territorio” Serra da Peneda, Portugal, 24 de abril

Próxima ao Parque Nacional Peneda-Gerês, na Serra da Peneda, atopamos unha freguesía de montaña. Xúntanse a beleza da paisaxe e a estima cultural, social,  histórica.

Chámana “O Pequeno Tibet”; é o Sistelo.

A mestría e destreza dos seus impactantes socalcos contrarian os grandes declives, mais ese bon facer e elegancia foi e debe ser traballada e mantida. Batata, millo, horta, forraxe…

Unha paisaxe cultural viva. Non é un teatro.

As corredoiras, pisadas por carros onde a bela raza barrosá traballa. E logo, pace. E está na rúa. Cremos que gusta do seu territorio.
O cabalo bravo, o garrano, percíbese contente na serra. Hai instantes fermosos.
Nos cumios, as brandas cos cortelhos-fornos-chozos, os cercados e os pastos, son outra composición sustentábel.
Muda a paisaxe. Así, o río Vez, aínda mozo, atravesa con certa forza o Sistelo mais o río Outeiro, encaixonado nun canón de vertentes pronunciadas, amosa a escarpada Serra da Peneda.

Fascinante, sedutora,
Anímaste?

Máis indicacións ao remate destas fotografías.

Máis indicacións
-Localización. Sistelo (Serra da Peneda).
-Data. 24 de abril.
-Lonxitude do percorrido. 8 quilómetros.
-Dificultade. Moderada.
-Punto de encontro. Ás 10h, na ponte internacional entre Salvaterra e Monçao. Desde alÍ dirixirémonos nos coches ao Sistelo.
-Hora de comezo da ruta. 10,45h.
-Hora de remate da ruta. 16,30h, aproximadamente.
-Tarifa. 7€ (Inclúe a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 3€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 3€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *