Ruta “Na Portela de Alvite, entrada da Serra da Peneda e do Alto Vez” Sistelo (Portugal), 25 de febreiro
Neste territorio fronteirizo, garántese o interese cultural, natural, socioeconómico e rural.
Desde A Portela de Alvite, o Alto Vez, a Serra da Peneda e o Val do Sucrasto condicionan o territorio. O río Vez, aínda mozo, atravesa con forza o Sistelo, e o río Outeiro, encaixonado nun canón de vertentes pronunciadas, amosa a escarpada Serra da Peneda.
Mais a paisaxe, bela, suavízase, cálmase cos socalcos elegantes, integrados na pendente, mantidos de batata, millo, horta, forraxe…
Salpicadas acó e acolá, os bosquetes de carballos e as manchas caducifolias de ribeira alta do Vez, engalanan a paisaxe traballada, sustentábel, sedutora.
Mais Alvite vese cinguida de pegadas culturais pois próxima, a Mámoa de Cotinho, é un bo exemplo de 30 metros de diámetro e violación central, do megalitismo do 4º milenio.
Máis información, tras as fotografías
Máis indicacións
–Localización. Portela de Alvite (Sistelo, Arcos de Valdevez)
–Data. 25 de febreiro.
–Lonxitude do percorrido. 9 quilómetros.
–Dificultade. Moderada. Altitude 220m-600m
–Punto de encontro. Ás 10,30h, na Ponte Internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao (no aparcadoiro da parte portuguesa).
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
–Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación, a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario . Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.