Ruta “A Serra do Suído. Entre bosques aluviais, queirogais atlánticos e fervenzas da Gran Dorsal Galega” 28 de setembro (Fornelos de montes)
Territorio histórico. Memoria xeolóxica. Dominio montesío.
Na mañanciña límpida da montaña, na quietude e no seu silencio a vida brúa con forza. Tamén cos seres inertes.
A barbela fura que fura o toxo e a uz. Os domos creban en tempos imperceptíbeis. Milleiros de colémbolos fertilizan a terra. Os cuarzos leitosos erosionan.
Mentres o tollemerendas cincela o chan, agora de tépalos rosáceo, vai faltando a clorofila nas follas dos bidueiros e van resistindo os corpudos carballos nos canóns dos ríos.
Fracturas, e chans alombadas. A Airoa, Fonte Uceira, A Laxe, Casariños,..
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.









INDICACIÓNS
–Localización. Fornelos de Montes
–Data. 28 de setembro.
–Lonxitude. 9 quilómetros.
–Dificultade. Baixa-moderada.
–Hora de comezo. 11h (galegas).
–Hora de remate. 17h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
INSCRICIÓN

