Faia Educación Ambiental

Paseo “A Serra d’Arga. Ecoloxía e xeografía montanas” Caminha, 9 de agosto

Como son as soidades…; partimos dunha monótona, afortalada no día a día, e desembocamos na das argas. Alí, entre soidades e saudades, fixémonos fortes. E vibramos os tres seres.
Condicionan a vida na Serra d’Arga, a orografía, xeoloxía e as comunidades vexetais.

No perfil montañoso, esgrevio, entre o caos das rochas, ollamos domos de cúpula perfecta, pedras cabaleiras singulares. O vento asubía entre as fendas das rochas. Polas súas diáclases.
Agochadiños, os pequechos camiños irregulares nos levan a escenas de bosquetes de carballos ou recantos de sobreiras na paisaxe encantadora, e rumorosa.

En cambio, no planalto aberto e rugoso, as laxes dos camiños, envíannos ás charnecas e turbeiras de montaña. Esfagnos, uces e orballiñas.
Acó, un socalco; acolá, as oliveiras. Unha grea de ovellas. E máis adiante, o abandono da vida. Ela, entre dores, morre devagar..

Máis información, logo das fotografías.

INDICACIÓNS
Lonxitude do paseo. 8km.
Dificultade. Baixa.
Punto de encontro, Valença (10,15h-galegas). Desde alí, dirixirémonos nos coches ao comezo do paseo.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *