Faia Educación Ambiental

Ruta “A exuberancia do río Uma” 23 de febreiro, Ponteareas

O Uma, un dos ríos sobranceiro do Condado, é o agocho dun gran bosque de aluvións de amieiros e freixos e de carballeiras atlánticas asociadas ao seu leito. Por isto, nos seus 40km de lonxitude se presenta sombrizo e cunha humidade ambiental elevada. Mais é a influencia do seu caudal o que permite a voluptuosidade dos brións, de sorprendentes treitos compactos de pradairos, de bosquetes de abelairas, de flora de primavera sensíbel ao medre artificial dos niveis da auga.

Atempera nestas datas o chan e prepárase con el o elo concatenado da flora das marxes dos río. Os panqueixos, as violas, os amarelles e o mito da vaidade, os ranúnculos e algunhas outras bulbosas prepárannos para a primavera, para unhas doses de cariño e para o romance co Uma.

Máis información, logo das fotografías.

Máis indicacións
Localización. Ponteareas.
Data. 23 de febreiro.
Lonxitude do percorrido. 11km.
Dificultade. Baixa.
Punto de encontro. Saída 294 da Autovía 52, na altura de Ponteareas. Desde ese punto comeza a ruta. As persoas deben estar ás 10,45h.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Tarifa. 9€ (Inclúe a preparación, a monitorización da ruta, as taxas e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *