Roteiro da pedra e a auga
En Carracido, O Porriño, o sábado, 7 de maio, coñeceremos o Roteiro da pedra e da auga. É un itinerario de 4 quilómetros e 2h 1/2 de duración, aproximadamente, apto para calquera idade, cuxa saída será ás 10h e o remate ás 12,30h.
Inserido nunha contorna rural-residencial, este pequeno itinerario situado no barrio de Carracido amosa uns trazos peculiares que o singularizan.
Así, chaman a atención os penedos, bolos graníticos de considerábeis proporcións, ou a influencia mediterránea constatada polos érbedos, sobreiras e un pequeno bosque de loureiros. Asemade, no sotobosque atoparemos o acivro, a pereira brava e o sanguiño. Ao abeiro da humidade que proporcionan os regueiros, medra o fento real ou dentabrú e moran a ra patilonga, a píntega e o limpafontes común.
E lembra que é o 7 de maio.
Anímaste?
Outras indicacións
-A tarifa é 7€ por persoa. (Duración inferior a 3 horas)
-O prazo de inscrición remata o 6 de maio.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706, a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou do correo electrónico info@faia.gl e deixa un teléfono de contacto.
-O punto de encontro será as 9,45h no torreiro de Carracido, fronte a antiga casa-escola.
-Será de balde para as menores de 10 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 25 persoas.