Paseo para adultas “Bosques do Aloia. Na antesala do outono” P.N. Monte Aloia (Tui), 27 de setembro

Unha folla que esvaece. Alguén repara na despedida. O peciolo, treme.  A árbore, célere, arrea a Clorofila, noutrora beleza, agora desfigurada, descomposta. E Xantofila multifuncional e discreta, fai a súa aparición. Fugaz e intensa… Signifícase, dignifícase.
Aí, na inmensidade dese instante fermoso, desaparecidas nós,  as reflexións atuídas, agora libertas, flúen devagar e acadan matices enriquecedores. E  comprendemos o desexo da árbore decidua.

Desde os pequenos bosques de sobreiras de orientación sur aos bosques ribeiregos plenos de pteridófitas e algunhas hepáticas foliáceas.
Desde a vexetación casmofítica, tan fermosa, colorista e variada enriba das penas, aos queirogais atlánticos e ás carballeiras termófilas….

Nestes intensos biotopos desenvólvese a vida. Macroinvertebrados, aves forestais, anfibios.
E o bosque prepárase para durmir…

Máis información, logo das fotografías

INDICACIÓNS
Localización. Tui.
Data. 27 de setembro.
Lonxitude do paseo. 10km.
Dificultade. Baixa-moderada.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INSCRICIÓN[ninja_form id=7]

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *