Paseo para adultas “As fragas do Alén” 30 de agosto, Covelo

300 millóns de anos. Era Paleozoica. Períodos Carbonífero e Pérmico. Nace Panxea e, asemade, levántase a Gran Dorsal Galega, ateigada de serras que fracturan a Galiza actual, de Norte a Sur. Logo, erosionan profundamente; mais logo vólvense mozas…rexuvenecen coa Oroxenia Alpina. E volven erosionar…

No sur, entre a Serra do Suído e O Coto de Eiras, unha fractura tectónica especial, convertida nun fermoso val encaixonado, amosa o río Alén fura que te fura buscando camiño, creando futuro, parindo bosque. Paradigma dos bosques atlánticos galegos, noutrora abondosos.

E O Alén venerando o seu nome (“máis alá, no outro mundo”), agocha entre as burbullas de osíxeno que branquean o seu leito e a variedade de especies briófitas, liquénicas e herbáceas, un segredo suspendido no tempo…

Anímaste a pasear?

Máis información e inscrición logo das fotografías

INDICACIÓNS
Localización. Covelo.
Data. 30 de agosto.
Lonxitude do paseo. 9km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INSCRICIÓN[ninja_form id=7]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *