Paseo ‘O Esteiro do Miño. Mosaico de ecosistemas’ 24 de setembro, Caminha (Portugal)
Así é que o Miño-Sil, tras 350km, logo dunha ringleira sen descanso de ecosistemas (erbededos, humidais, bosques de ribeira, carballeiras colinas,..) chega ao océano atlántico. Alí, a súa área litoral discrepa das rías galegas e, disidente, amósanos, pola influencia das mareas, un espazo natural exclusivo que condiciona a vida de todos os seres.
Diante de nós, xorden unha morea de imaxes…Os sistemas dunares da linda e brava praia de Camarido e as súas barras. As linguas de area, soporte de gabitas, mazaricos, píllaras, pilros, garzotas,… O Pinhal de Camarido, o Illote da Insua ou especies litorais singulares tan escasas coma a Camariña.
Máis INFORMACIÓN e INSCRICIÓN logo das fotografías.
INDICACIÓNS
–Localización. Caminha (Portugal)
–Data. 24 de setembro.
–Lonxitude. 10 quilómetros.
–Dificultade. Baixa.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 17h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
INSCRICIÓN