Faia Educación Ambiental

Paseo “Nas abas da Serra do Cando” 6 de xuño (A Lama)

210km de serras sobranceiras fracturan Galiza desde Estaca de Bares até o río Miño. A súa orixe remóntase a un tempo entre o Carbonífero e o Pérmico, hai 300 millóns de anos. E rexuvenecidas pola Oroxenia Alpina, amósanse de Norte a Sur, O Xistral, A Cova da Serpe, A Faladoira, O Careón, O Candán, Avión, O Suído, Os Montes da Paradanta,…O Cando.
No alto, extensas chans herbosas, e arredor delas, queirogais húmidos atlánticos e queirogais secos europeos embelecen a serra dilatada, aberta. Rarea o bosque, e os camiños carreteiros  diríxense ás pradeiras glaucas de asfodelos, e na abstracción Perséfone é raptada polos corceis negros de Hades, nun mundo paralelo, pretérito, infinito.
Abaixo, un exultante bosque. Unha carballeira galaico-portuguesa colina, envolvente húmida e sombriza, mestúrase co bosque aluvial e, densa de vexetación, protéxenos unha boa parte do percorrido. Pertúrbanos. Abrairas das paredes húmidas, tapizantes violas acorazonadas a carón dos regueiros acompañadas das escasas caltas, fentas perennes de frondes estériles; extensas pradarías de briófitas declaran o seu amor á pedra, arandeiras articuladas e espidas,..o río.

A INSCRICIÓN E INDICACIÓNS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

 

INSCRICIÓN
A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental. Tamén podes facela ligando para o 686998706 e en info@faia.gl

INDICACIÓNS
-Prazas limitadas.
-Lonxitude do percorrido. 11 quilómetros.
-Dificultade. Moderada.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 17h, aproximadamente.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-As persoas menores deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

2 thoughts on “Paseo “Nas abas da Serra do Cando” 6 de xuño (A Lama)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *