Paseo “Cumios, fallas e bidueirais do Parque Nacional Peneda-Gerês” 25 de xuño (Lamas de Mouro, Portugal)

A verea estreita, onde a meteorización xera figuras estábeis e corpudas, un domo acó, un tor acolá- dá paso á crista do bidueiral taciturno, reservado. O silencio, afortunadamente, campa no seu bosque. Esvara o ar paseniño, ondulante  pola cortiza dos bidueiros e acariña lenemente os seus ollos e lenticelas. Abrázaos. Tremen as follas con cóxegas de pracer.
Desde o alto, a falla convida á contemplación serena do val estreito, remanso da auga e refuxio dos pequenos bosquetes de carballeiras montanas, dos eidos traballados.

MAIS INFORMACIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

INDICACIÓNS
Lonxitude, 12km.
Dificultade. Baixa a moderada.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
INSCRICIÓN[ninja_form id=67]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *