Paseo comentado ‘As plantas do Solsticio de verán. O San Xoán’ Budiño (O Porriño), 19 de xuño

E logo do día máis longo do ano, a noite, esa descoñecida, avanza…e os seres preternaturais saen dos acubillos. Velaquí asoman a protección do lume e da auga. E da vexetación.

Mentres, en Budiño, nunha contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro, as herbas medran ventureiras e contentes…

Alí, a cada paso aparecen o tormentelo, a politaina, a matricaria, os poexos, o orxabán, a malva, os seoanes, a néboda, a herba madroa, o fiúncho, o helicriso, o ourego, os seoanes, a abeloura, o trovisco, a chantaxe, a herba dos carpinteiros, os estalotes, a camomila, o hortelán,..

Anímaste?
TARIFA e INSCRICIÓN logo das fotografías

Localización. Budiño ( O Porriño)
Día, 19 de xuño
Hora de comezo, 10h
Hora de remate, 13,30h
-Traede un cesto para apañerdes plantas.
INSCRICIÓN
-A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental. Tamén podes facela a través de info@faia.gl ou ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *