Paseo comentado ” As plantas do Solsticio de verán. O lume e a auga. O San Xoán” Budiño (O Porriño), 20 de xuño
En Budiño, nunha contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro, as herbas medran ventureiras e contentes…
Alí, a cada paso aparecen o tormentelo, a politaina, a matricaria, os poexos, o orxabán, a malva, os seoanes, a néboda, a herba madroa, o fiúncho, o helicriso, o ourego, os seoanes, a abeloura, o trovisco, a chantaxe, a herba dos carpinteiros, os estalotes, a camomila, o mentraste, a borraxa,..
Concéntranse os seres preternaturais no inframundo mentres as festas europeas do Solsticio de verán preparan o baile. Reaparecen Pitágoras e os números agochados tras a filosofía e a teoloxía.
E nós, ataviamos e temperamos as nosas vidas co síndrome floral.
Anímaste?
Tarifa e inscrición logo das fotografías
–Localización. Budiño ( O Porriño)
–Día, 20 de xuño
–Hora de comezo, 10h
–Hora de remate, 13,30h
-Traede un cesto para apañerdes plantas de San Xoán
-A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental. Tamén podes facela a través de info@faia.gl ou ligando para o 686998706.
INSCRICIÓN[ninja_form id=25]